A xeografía: o escenario físico
 

Covelo está localizado no sur dunha longa cadea de montañas denominada Dorsal Galega, que se estende de norte a sur de Galicia. É aquí, entre as serras (Suído, Faro de Avión e A Paradanta) e o val do río Tea, onde se localizan as 14 parroquias do concello. Por ser unha terra montañosa, podemos atopar moitos ríos e regatos (rede hidrográfica), que nacen no cumio das serras (a altitutedes de até 1.100 metros¡¡) e que se van xuntar no val coas augas do Tea, que é o principal río da comarca. O Tea vaise xuntar co Río Miño uns cantos quilómetros máis ao sur en Salvaterra.

Ao estar moi perto da costa, a pouco máis de 30 km, e ao ter unha grande altitude, as nubes que veñen do mar teñen que saltar as serras. Como canto máis altitude a temperatura é máis baixa, cando as nubes suban pola serra vanse enfriar, provocando a precipitación da auga en pequenas pingas; é dicir, a chuvía. É por iso que hai moitos ríos e moita vexetación, o que permite que teñamos unha paisaxe fragosa e verde, rica en fauna (animais) e flora (plantas). O clima da comarca é de tipo oceánico-húmido.