A Serra do Suído |
||||
É esta un serra de penedía (grandes rochas) e cimeiras suaves que se fai irregular cando se descende en altitude. A paisaxe vexetal caracterízase polas grandes extensións de mato: formacións de toxos,
uces e xestas, resultado da corta e queima do bosque para facer pasteiros. En certas zonas aínda se conservan turbeiras, zonas enchoupadas onde medran especies vexetais (sobre todo o musgo
Sphagnun) cuxos restos se transforman en turba co paso dos anos; nalgúns lugares, como en Irlanda e Escocia, esta turba utilízase como combustible para as lareiras e os fornos. Na serra practicouse desde vello a gandería de vacas e cabalos ceibes (gandería extensiva), que eran baixadas á corte da casa labrega no outono-inverno. Pola súa banda, o lobo xa habitaba as serras galegas moito antes que o home. Para termar do gando e vixiar as incursións dese animal, foron construídos os chozos, as curralas-sesteiros e o foxo do lobo, que hoxe representan un conxunto etnográfico de grande valor cultural. Os veciños do lugar facían quendas de 1-2 días para termar do gando, habitando os chozos namentras permanecían na serra; este sistema denominábase a rolda. Nas curralas e sesteiros agrupábase o gando, a modo de cortello ao aire libe; por outra parte, para atrapar o lobo en ba tidas comunais, levantáronse os foxos a modo de trampas nas valgadas. En certos lugares da serra aínda se conservan hábitats naturais de grande valor ecolóxico e botánico como os bosques caducifolios atlánticos: as carballeiras, formadas por carballo, cerquiño, acivro e arando entre outras especies vexetais. |
||||