|
Os regos, regatos e ríos posúen unha grande enerxía hidráulica (xerada pola auga), a cal aproveita o ser humano construíndo artefactos e instalacións que conducen a auga (levadas) e a transforman en enerxía motriz. Esa enerxía fai que xire a roda do muiño (rodicio) e a roda do serradeiro (noria).
Era nestas fábricas onde se procesaban as materias primas naturais do lugar:
• nos muiños moíanse principalmente os grans de millo e de centeo para así obter fariña coa que facer o pan.
• no serradoiro cortábanse os troncos das árbores e facíanse táboas de madeira coas que se fabricaban carros (de onde lle vén o nome), apeiros de labranza, carretillas, vigas, cadeiras, banquetas, xanelas e outros utensilios máis de uso doméstico.
Como no verán a chuvia é menor, construíronse puzas (pozas) que almacenaban a auga dos ríos como se fosen pequenos encoros, que logo se utilizaba para regar os campos dos veciños. Ás veces isto orixinaba pequenas liortas polos desacordos no tempo e no volume de auga que lle correspondían a cada eido.
Ante a presencia de tantos ríos e regatos ao longo de todas as parroquias, construíronse infraestruturas
de comunicación que salvaban o cauce e permitían comunicar os lugares nos que vivían e
traballaban as comunidades locais: falamos das pontes, as pontellas e os pasos, todos levantados
en pedra do país.
|