Axenda
18/12/2020
Aprazado Mercado de Nadal Covelo 2020
Queda aprazado e pendente de confirmar nova data, o Mercado de Nadal previsto para o 19.12.2020
16/12/2020
Xestión de biomasa, distancias e limitacións das novas plantacións, masas arboladas existentes.
As persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán a execución da xestión de biomasa incluída a retirada de determinadas especies arbóreas (eucaliptos, piñeiros e acacias) antes de 31 de maio de cada ano, segundo a Lei 3/2017 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/20I7 do 26 de decembro de medidas fiscais e administrativas de Galicia que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2018.
07/12/2020
Programación Nadal Covelo 2020
19.12 Mercado de Nadal - Cantaxogo - Obradoiro Empanadas Nadal e Paxes Reais
26.12 Apalpador e Obradorio de Nadal para as nenas e nenos.
27-12 Galardóns Sintete Covelo 2020
07/12/2020
Mercado de Nadal Covelo 2020
Sábado 19 de decembro de 10.30 h a 18.00 h. na praza do Mestre Cerviño diante do concello con carpa ambientada no Nadal.
Postos de venda e exposición, anímate e compra os teus agasallos!!!!!
Obradoiros e actividades para todas as idades e recollida de cartas polos Paxes Reais na casiña temática.
04/12/2020
IV Programa de Compostaxe Doméstica no Día Mundial do Solo
Entregaranse 25 composteiros aos participantes. Tódolos interesados en participar nesta inciativa deben residir en vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín, estar empadroados, non ter participado nos programas anteriores e solicitar a participación nas oficinas do Concello ata o luns 1 de decembro de 2020.

[937 noticias - Página 2 de 188]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade