Axenda
09/03/2018
A producción ecolóxica, unha posibilidade para o rural. Presentación do curso de agricultura ecolóxica.
Presentaranse iniciativas ecolóxicas exitosas así como o inicio da inscripción no curso que se desenvolverá de abril a setembro de 2018. Pode facer a preinscripción seguindo este enlace.
06/03/2018
Xornada informativa de loita contra a vespa velutina e entrega de trampas para a súa captura.
O Concello de Covelo organiza unha xornada informativa para a loita contra a vespa velutina, dunha hora de duración, que terá lugar o venres 16 de marzo de 2018, as 18:00 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
05/03/2018
Campamentos polideportivos Príncipe Felipe 2018
Celebraranse nos meses de xullo e agosto, para nenos/as nados entre os anos 2004 e 2011. Prazo de solicitude ata o 23 de marzo de 2018.
22/02/2018
Concedida a contratación de 21 traballadores ó amparo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Para o coñecemento de tódolos veciños e veciñas do Concello de Covelo, pola presente infórmase que ó abeiro da 'Liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais' do Plan de Obras e Servizos 2018 (regulado polas bases publicadas no BOPP nº 2 de data 3 de xaneiro de 2018) se procederá á contratación de 21 traballadores ó longo do ano 2018.
21/02/2018
Obradoiro de Poesía Visual
O poeta e dramaturgo David Fernández Rivera impartirá dous obradoiros de poesía visual "Proxecto Caligrama 2000" no CEIP Antonio Blanco Rodríguez os días 21 e 23 de febreiro, para as clases de 5º e 6º de primaria

[620 noticias - Página 4 de 124]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade