Novas
04/06/2020
Contratación de brigada municipal de prevención incendios para extinción e para traballos de limpeza de parcelas sobre as que existe denuncia por incumprimento das labores de limpeza.
Integrada por 4 persoas (3 peóns e 1 capataz). Os contratos terán unha duración de tres meses dende o 15 de xullo ata 15 de outubro aproximadamente. As persoas interesadas deben estar inscritas na oficina de emprego de A Cañiza e para acceder ao posto terase en conta a formación ou experiencia en traballos no servicio de prevención de incendios.
02/06/2020
Reapertura de Oficina Periférica do ORAL en Covelo
Tódolos luns, a partir do día 8 de xuño, con cita previa no Teléfono de Atención Presencial da Deputación Provincial.
29/05/2020
Información local actualizada a 29 de maio de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o noveno informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: dende o 19 de Maio ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19 e a evolución dos tres afectados é favorable. Infórmase das axudas a negocios, autónomos e empresas; dos campamentos de verán, escolas deportivas e piscina, e do uso das casa de cultura e mercado local.
27/05/2020
Retómanse os roteiros e as xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos.
O Concello de Covelo retoma as xornadas de roteiros guiados polas sendas valizadas, así como as xornadas de portas abertas do Serradoiro dos Carranos.
26/05/2020
Reanudación dos prazos para a presentación das declaracións anuais das pensións non contributivas (PNC).
En aplicación da devandita regulación, a partir do 1 de xuño de 2020 renovarase o cómputo dos prazos administrativos que se suspendeu na xestión das pensións da Seguridade social na súa modalidade non contributiva, prestacións sociais e económicas para persoas con discapacidade e complemento de aluguer. Novo prazo ata o 18 de xuño de 2020.

[676 noticias - Página 5 de 136]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade