Novas
27/10/2018
V Trofeo Internacional de Patinaxe Artístico Cruceiro de Covelo
Sábado 27 de outubro. Pavillón Municipal de Covelo.
19/10/2018
Axudas para compra de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes.
Para menores de 35 anos, vivendas de ata 100.000 € e cun importe máximo de subvención de 10.800 €.
O prazo remata nun mes dende o momento da publicación.
17/10/2018
Revisión de contadores de auga e cobro por consumo real
Proximamente o Servizo de Augas do Concello de Covelo iniciará os traballos de revisión do estado de conservación e funcionamento dos contadores de auga de toda a rede de abastecemento municipal nas parroquias e barrios onde se producen problemas de abastecemento reiterados nos momentos da seca.
08/10/2018
Chamamento á colaboración veciñal ante a emerxencia por incendios forestais
Pola potencial grave situación de perigo que están a padecer os nosos montes, bosques, campos e pobos debido ós posibles incendios forestais, faise un chamamento as Comunidades de Montes en Man Común, Asociacións de Veciños, outras asociacións e colectivos, e a cidadanía en xeral, para que -sempre que sexa posible e adoptando tódalas medidas de seguridade que deben ser respectadas rigorosamente- participen na vixilancia e control das zonas potencialmente perigosas ou susceptibles de arder con consecuencias catastróficas mentres se manteñan as condicións ambientais de perigosidade.
05/10/2018
IV Mostra de Productos de Proximidade e de Hortas Ecolóxicas no Concello de Covelo
10:30 h. Comezo da exposición e venda.
11:15 h. Música en directo, concerto infantil. Paco Nogueiras, Brinca vai! De aquí a acola!.
12:30 h. Obradoiro de cultivos micolóxicos.

[533 noticias - Página 2 de 107]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade