Novas
05/02/2021
Adopción de medidas na Biblioteca Pública de Covelo con motivo das restricións ordenadas pola Xunta de Galicia.
A biblioteca de Covelo mantén o servizo de préstamo e recollida de libros chamando ao teléfono 986 650154 de 9 a 14 h.
05/02/2021
ENTROIDO EN FOTOS - COVELO 2021
Entroido diferente coa temática "Espantallo Anti-Covid"
04/02/2021
Día Mundial Contra o Cancro
O Concello de Covelo tínguese de verde para o día Mundial Contra o Cancro.
03/02/2021
CURSO CARROCERÍA DE VEHICULOS NO I.E.S. A CAÑIZA
Curso de "Carrocería de Vehículos" para persoas anotadas como demandantes de emprego.
Non se require ningún nivel de estudios mínimo.
01/02/2021
Novo programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE)
O obxectivo de estas axudas é contribuír a acadar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono, mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables. As actuacións poden levarse a cabo en edificios de vivendas ou en vivendas unifamiliares.
Existen tres tipoloxías das axudas: 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (cubertas, paramentos verticais, carpintería, aillamento do solo). 2. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables (nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria e actuacións de arquitectura bioclimática). 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2021.

[769 noticias - Página 6 de 154]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade