Igrexa Parroquial (pdf)
Pazo Abacial (pdf)
O templo de San Martiño é un edificio de película, tanto no plano literal (arquitectónico)
como no figurado. A principios da década de 1980 foi elixida polo director de cine Jaime
de Armiñán para rodar unha escena da película “La hora bruja” (1985), protagonizada
por Concha Velasco, Francisco Rabal, Victoria Abril; tamén por Asunción Balaguer e
Sancho Gracia. A rodaxe, que tivo lugar en distintas localizacións da bisbarra (Mondariz,
Mondariz Balneario, Ponteareas, Covelo, Fornelos de Montes, etc.), realizouse tamén no
alto do campanario da igrexa de San Martiño, onde Victoria Abril e Paco Rabal fixeron de
personaxes principais dunha escena namoradeira.
No Pazo Abacial da parroquia, convertido en en prisión para a ocasión, e nos camiños de
San Xoán do Mosteiro rodáronse algunhas escenas da longametraxe “Paixón de María
Soliña”, a canguesa acusada en falso de bruxería en 1621. A cinta, que dirixiu Alfonso
Castaño en 2012, ten a actriz Luma Gómez no papel principal.
Polo seu extraordinario interese, transcribimos o informe técnico elaborado por Fontoira
Surís e Núñez Pascual en 1989 referido á declaración como
BICA Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Pontevedra acordou o 10.07.1990 trasladar á
Dirección Xeral o expediente de incoación do expediente de declaración de BIC. Lamentablemente esta iniciativa,
como tantas outras, caeu en saco roto e o expediente nunca se tramitou por completo, de aí que hoxe en día,
incomprensiblemente, o conxunto formado pola igrexa de San Martiño e o Pazo Abacial sigan sen ser recoñecidos
pola Xunta de Galicia como Bens de Interese Cultural.
do conxunto monu-
mental de San Martiño de Barcia de Mera:
“Integrado pola igrexa parroquial, de proporcións grandiosas, e o singu -
lar Pazo-Abacial, constitúe, ademais de caso único en Galicia, a mostra
máis relevante do patrimonio arquitectónico rural galego, elevado durante
os séculos XVII e XVIII, grazas á fe e faraónicos soños dun pobo, curto en
poboación e recursos, pero abnegado en sacrificios.
Perfectamente adaptado ao ambiente do lugar e á deliciosa contorna pai-
saxística que o enmarca, está situado sobre unha ladeira, con orientación
ao mediodía, no concello de Covelo (Pontevedra), dependendo eclesiasti-
camente do Bispado de Tui-Vigo.
Vista aérea da igrexa de San Martiño.
TRAXECTORIA HISTÓRICA
A variada documentación consultada, pertencente ao século XIV, confirma que os
monxes bernardos de Santa María de Melón, á vez que exercían o Patronato e Provi -
sión, «foron a un tempo señores feudais da parroquia e Couto de San Martiño de Barcia
de Mera e, xa que logo, donos da Xurisdición Civil e Criminal, mero e mixto imperio que
realizaban por medio dun Xuíz ou Meiriño do seu privativo nomeamento.»
Unha conxunción de importantes factores físicos como a abundancia de augas, solos
fértiles, riqueza de pastos e bosques, máis outros socio-económicos, tales como a or -
ganización do rexime señorial e as transmisións hereditarias, favoreceron o rápido des-
envolvemento do hábitat.
Xa en pleno século XIII a «vila» viu como se levantaba, a
carón da antiga ermida “do Mosteiro”, baixo a advocación da Nosa Sra. da Asunción, un
«çeleyro» (almacén grande), para que o mordomo dos cistercienses de Melón recollese
despois das colleitas o «Quiñón» e outros tributos debidos aos monxes, en virtude
de arrendos, exaccións e foros. Destacamos como detalles curiosos, a gratuidade do
transporte a cargo dos pagadores e o condicionante de que mentres dito mordomo e
acompañantes permanecían en Barcia de Mera, levando o control directo e administra -
ción das posesións naquela área xeográfica, era obriga dos veciños darlles «de comer
e beber comunalmente».
Polas actas das Visitas Pastorais de 11 de xullo de 1528, 29 de setembro de 1557 e 5
de outubro de 1566, podemos intuír o lastimoso estado que presentaba o vello edificio
da Igrexa Parroquial –humilde, escuro e pequeno– cun tellado cuberto de palla debido á
carencia de tella «la cumbrera dejaba traslucir la luz y la lluvia», «el arco triunfal acusaba
peligrosas grietas», «en la nave era urgente la colocación de nuevas vigas», «procedía
el encintado de muros y caleado de paredes interiores», «había que poner bancos para
que pudieran sentarse los niños cuando iban a los Oficios», etc.
ediante escritura de 4 de maio de 1568, os monxes de Melón enaxenaron a favor do
conde de Salvaterra, don García Sarmiento, parte do señorío e os vasalos de Barcia de
Mera, a razón de sete mil maravedís cada un coas loitosas e outros títulos de vasalaxe,
entre eles, o dereito a emigrar, previo pagamento dun censo (gabella emigrationis), re-
servándose os vendedores anualmente certa cantidade en metálico, «doiscentos coren-
ta e seis ferrados e un cuarto de centeo, trescentos sesenta e un de millo, trinta e unha
galiñas e dous cuartillos de manteiga», prestacións que terían que aboar os foreiros ao
Meiriño, cada 11 e novembro, festa de San Martiño, patrono titular de Barcia de Mera.
Tamén mantiñan no Couto a Xurisdición Civil e Criminal necesaria para a garda e con -
servación dos seus bens, así como facer apeos con foros por renovación e despoxos.
Este acto ía ter grande trascendencia para o futuro desenvolvemento económico comar-
cal, pois cando nas postrimerías do século XVI (1564-1599) as malas colleitas, a fame, a
peste asolaron a rexión, dito Conde, que tiña servido moi eficazmente a Felipe II na con-
quista de Portugal (1580), non só favoreceu o forte movemento migratorio cara Lisboa e
logo a Brasil, senón que, mercede á súa influencia persoal facilitou aos seus honrados
paisanos a incorporación aos gremios establecidos nas novas residencias, adquirindo,
de inmediato, a condición de cidadáns
A partires de 1616 xurde en Barcia de Mera o fenómeno indiano, evidenciándose un
crecente auxe na vida parroquial. E como expoñente dese progreso económico, nado da
emigración trunfante, vemos consignados nos libros parroquiais, o fomento e prosperi -
dade das Confrarías, as doazóns de ornamentos e obxectos litúrxicos, a inquietude pola
mellora e conservación da igrexa, que tamén se fai extensiva ás ermidas de San Amaro,
San Roque, Santo Tomé e á arcaica da Nosa Señora do Mosteiro. Tal actividade move
aos veciños a explanar a meseta onde hoxe se asenta o templo, cerrar con muros o adro
e poñerlle cancelas. Estes traballos finalizaron en 1642
Na visita que leva a efecto (1672) o Prelado tudense, Don Bernardino León de la Rocha,
mandou ao Abade, «entre otras buenas cosas», a actualización dos caudais, que se
fagan os Libros de Contas e Petitorios, que «dore el viril y la toma y razón del que muera
ab-intestato» para inverter o «quinto» da súa herdanza nas obras da Igrexa, pero como
esta «no tiene Fábrica se reparta entre los feligreses los gastos, según el Haber de cada
uno».
Tres anos máis tarde (1675), o bispo Fray Simón García Pedrejón, dispón o alargamento
do corpo da Igrexa, pola parte da Epístola a conta dos veciños, «por no caber éstos a
la Misa». Encárgase de facer os repartos e percibir o seu importe, o procurador xeral
da freguesía Sebastián Fernández, que ante a demora na entrega de caudais, é preciso
que o propio bispo o requira en 1677. Paralelo ao saneamento económico, prodúcese
o estudo racional dos difíciles problemas que as obras de ampliación proxectadas plan-
tean, tanto nos aspectos formais como estruturais.
Vista a inviabilidade e falta de coherencia da obra, óptase pola construción dunha nova
Igrexa, máis ampla, fermosa e movida de formas, de acordo cos aires estilísticos do
barroco santiagués
A falta de Libro de Fábrica impídenos coñecer datos fundamentais para historiar o
conxunto de Barcia de Mera. Desde tempo inmemorial (así queda rexistrado en 1625) os
reparos da Igrexa é costume que os repartan entre si os fregueses, «el rico como rico y el
pobre como pobre». A isto debemos engadir a ausencia de contratos, planos ou recibos.
Unicamente os Libros de Confrarías nos permiten obter datos importantes, xa que os de
Visitas ou Mandatos pola súa redacción extractada, respecto á execución das obras, re-
sultan nulos para o coñecemento dos seus custes ou identificación do nome dos artífices
que nelas deixaron impresas as pegadas dos seus xenios artísticos.
Da análise e valoración dos elementos arquitectónicos e o parco apoio documental, po
demos deducir claramente que os traballos de reconstrución da nova Igrexa Parroquial,
levados a bo ritmo, comezaron o ano 1.676, sendo Abade, Don Antonio Pérez Rivera,
desenvolvéndose en dúas etapas sucesivas, perfectamante individualizadas e coa inter
vención de distintos obradoiros, a xulgar pola calidade de labra e estilo. A inicial, com
partida polo referido Abade ata a súa morte e continuada, a partir de 1690 a 1733, polo
Dr. Don Alberto Bello Barreyro, que exerceu o cargo de Abade durante 43 anos e medio.
El foi o verdadeiro motor e principal contribuinte aos grandes gastos das obras. Nacera
no lugar de Espiñeiro da parroquia de Barcia de Mera. Era home rico, ao punto que
chegou a ostentar unha Comisaría do Santo Oficio da Inquisición do
Reino de Galicia.
Temos constancia de que un tal Pedro Tomedo, de 78 anos de idade e residente en Barcia de Mera, figura
nunha “Relación de Familiares que al presente hay en el Reino de Galicia” vinculados coa Santa Inquisición datada
no ano 1641. Este listado está conformado por un total de 218 nomes (A.H.N. Sec. Inq. Leg. 2900). Xa que
logo, cómpre deducir que Alberto Bello non foi o primeiro representante da Santa Inquisición que houbo na nosa
parroquia, aínda que si puido ser o primeiro comisario.
Finou o 14 de xullo de 1.733, tendo testado o 26 de xuño anterior, ante o escribán de
número, Don Juan Estévez Gettino –Xurisdición das Achas–, declarando ter constituído
fundación de vínculo, morgado e obra pía, ante Don Francisco de Castro, escribán da
Xurisdición de Salvaterra.
No transcurso daquela primeira fase ergueuse a Igrexa en case a súa totalidade, a ex
cepción das fermosas bóvedas de ricas claves e terceletes cubertas, sancristía, conclu
sa esta en 1740, durante a segunda etapa, polo sobriño do anterior Abade, igualmente
chamado Alberto, pero cos apelidos invertidos: Barreyro y Bello, que deixou gravado o
escudo das súas armas nas claves circulares situadas nos centros das bóvedas que
rematan o corpo do cruceiro e a sancristía.
Armas de Alberto Barreyro y Bello gravadas na clave da sancristía
Nada se sabe do mestre de arquitectura, autor do conxunto monumental de Barcia de
Mera. Indubidablemente é un compostelán de escola, pero non nos atrevemos a aventurar
un nome, porque neses momentos son varios os de probada calidade que brillan con
luz propia na urbe santiaguesa, seguindo os ditados de Domingos de Andrade. O que si
queda palmariamente demostrado é que nestas obras non teñen participación algunha
os monxes de Melón, como reiteradamente se ten mantido.
Retablos
Cando aínda non finalizaran as obras de fábrica da igrexa parroquial de Barcia de Mera,
as irmandades das Benditas Ánimas do Purgatorio e a da Nosa Señora do Rosario,
impulsadas polo abade, Dr. D. Alberto Barreyro Bello, decidiron o 5 de xullo de 1739
contratar co Mestre de Arquitectura e Escultura Francisco Alonso de Castro, veciño do
Porriño, a construción de dous retablos «por el precio de tres mil seiscientos seis reales
de vellón. Y por la miseria de los tiempos y años calamitosos no poder los cofrades de
dichas Cofradías costear tal cantidad acordaron que se saque de todas las tres cofradías
–Santísimo Sacramento, Ánimas y Nuestra Señora– todo lo que se pueda, quedando
en éllas lo que sea necesario para los menesteres y gastos ordinarios; y la que faltare
se saque a fiado hasta que aiga efectos para poder pagar todo lo que así se sacare.»
A referida Hermandad de Ánimas, constituída en 1673, tiña desde 1676, con carácter
provisorio, na «Capilla Nueva», unha tarima e sobre ela, unha táboa pintada alusiva ao
Purgatorio, para promover a devoción dos fieis.
Era o mestre Alonso de Castro, firme valor dentro do panorama retablístico galego, onde
deixou abundantes traballos. Tres anos antes tiña culminado o famoso «Altar de las
Reliquias» na S.l. Catedral de Tui. Ocupa o Retablo de Ánimas toda a parede testeira
do muro penal do brazo Norte da cruz. De estilo plenamente barroco, está realizado en
madeira de castiñeiro e nel deixa constancia Alonso de Castro da súa madurez e alta
calidade artística, tanto pola súa prolífica e depurada labor decorativa, a base de rocallas
ou sartas de carnosas follas e flores, como na compositiva, sempre buscando a liña do
movemento en planta e alzado. Elévase este altar sobre rico basamento e mesa minu-
ciosamente decorada con labores de talla e pintura. Consta de predela, corpo único e
amplo ático, presentándose dividido por tres rúas separadas mediante estípites exentas
e ascendentes enriquecidas por variada decoración vexetal.
A rúa central, ocupada totalmente por unha cruz de anchos brazos, ten como fondo,
pintado sobre táboa, a paisaxe urbana da Xerusalén Celeste, vista desde o Gólgota e
iluminado con luz de tebras. Enmarcado na mencionada Cruz, figura tallada a estatua
do Salvador, de tamaño natural e belísima execución, conxuga o efecto de dignidade
coa doce felicidade do soño eterno. Aos pés do Crucificado, ocupando a parte central
da predela, tallado en medio relevo, atopamos o tableiro representativo do Purgatorio
na súa iconografía habitual: entre lapas crispantes, sen distinción de clases, as ánimas
purifican os seus pecados antes de gozar da benaventuranza inmortal no Ceo. Nas rúas
laterais van aloxadas en sendas fornelas de medio punto, apoiadas en elegantes mén-
sulas, as estatuas de San Xoán Apóstolo e a Virxe Dolorosa, vestida esta con rico manto
negro, adornado con remendos bordados en ouro, sobre o que ostenta as sete espadas
clavadas no corazón, realizadas en prata dourada. Leva delicado pano branco entre as
súas mans e a cabeza tocada por diadema de prata, provista de raios alternantes, os
máis longos rematados con estrelas de cinco puntas
A Confraría da Nosa Señora do Rosario, cuxa existencia consta no ano 1621, aínda que
as Constitucións foron aprobadas cincuenta anos máis tarde, alzou o retablo en honor da
súa patroa fronte ao de Ánimas, na capela que forma o brazo sur do cruceiro, coa inter-
vención dos mesmos retablistas descritos, que manteñen idénticos estilos e estruturas
así como parecida decoración claro-escurista moi fluída.
A traza figura integrada como no caso anterior, por basamento de madeira de castiñeiro,
ao que se acopla a mesa, banco, corpo único e ático curvo, que cerra contra a bóveda
todo o retablo.
Ten tres rúas e dúas entrerúas. O centro do banco aparece ocupado polo sagrario con
porta tallada en baixo relevo. Sobre el arrinca o corpo central presidido po la talla da Vir
xe, rica de formas e equilibrados movementos, que porta entre os seus brazos o Neno en
actitude de bendicir. Esta fermosa imaxe procesional acubíllase na fornela de arco abu
cinado de medio punto, flanqueada por apoios de pés rectos e estípites deliciosamente
talIados. O dilatado ático está centrado por unha ventá cuadrangular de considerable
derrame e adórnase con menuda e exhuberante ornamentación vexetal. As dúas rúas
laterais son simétricas, nelas ábrense sendas fornelas semicirculares, asentadas sobre
ben tallados pedestais con grazosas cabezas de anxos que serven de soporte ás imaxes
de Santa Ana e San Xosé, pais da Virxe.
A escultura de ambos retablos é excelente, acusando a madurez do Mestre Alonso de
Castro no acabado e composición da obra, calidades destacables nos expresivos rostros
e mans, suaves pregues e fertilidade de recursos.
Realza o valor dos retablos a alta calidade dos dourados e policromados que se levaron
a cabo durante o ano 1753, quizais por artistas portugueses, habituais colaboradores do
Mestre, cuxas mans advertimos nos fondos das fornelas e frontais das mesas destes
retablos, polas súas pinturas moi coloristas, de variada temática floral.
Seguindo unha orde cronolóxica, diremos que apegados aos muros Norte e Sur do bra
zo maior da cruz, levántanse os altares dedicados ao Sagrado Corazón de Xesús e a
Nosa Señora do Carme, respectivamente, obras executadas polo mesmo autor anónimo
en madeira de castiñeiro, cara 1780. Completamente «rococós», articúlanse de forma
sinxela: basamento, banco, un corpo e sobre a voada cornixa, o ático. Os dous divididos
en tres rúas por estípites exentas, movidas e pouco ornamentadas. A súa decoración é
a base de rocallas, temas vexetais e veteado de mármores moi do gusto da época. A
calidade artística é mediocre e a súa imaxinería antiga foi substituída en grande parte
por outra máis moderna de produción industrial.
Colaterais ao arco trunfal atópanse situados a dereita e esquerda, os pequenos reta
blos de Santa Lucía e San Bieito, respectivamente; posibles froitos de doazóns, xa que
descoñecemos o seu autor. Pertencen á corrente «rococó-neoclásico» e deberon ser
elaborados no primeiro cuarto do século XIX. As imaxes dos Santos titulares, que por
tan os atributos persoais, acubíllanse en fornelas de arcos trilobulados, flanqueadas
de altas columnas de estilo corintio, lixeiramente adiantadas, sobre as que descansa o
arquitrabe, que precede en altura ao coroamento, de liñas recortadas e ondulantes que
imprimen gran verticalidade aos conxuntos. Nas caixas centrais dos áticos, figuran as
tallas en bulto redondo de San Mauro, Abade e San Franco de Siena.
Canastro do pazo abacial e igrexa de San Martiño.
A sobriedade e pureza de liñas, contrasta coas policromías douradas e os marmorados
verdosos e vermellos, postulados pola Academia.
Por último, cabe citar o altar maior, que preside e decora a cabeceira do presbiterio.
Segundo unha inscrición pintada no nervo central da bóveda da capela, di: «Se hizo y
pintó por cuenta del Abad, Dr. Ceferino Antonio Iglesias y Lago. Año 1816». O tal abade,
nacido na vila de Redondela, exerceu como Párroco de Barcia de Mera, durante corenta
e cinco anos e non é estraño que para a realización desta obra reclamara a intervención
dun artista paisano daquela vila, que deixou no sur de Galicia e, de maneira particular,
na capital da diocese tudense, magníficas mostras de capacidade artística.
Retablo do altar maior, realizado en 1816.
A súa fachada neoclásica é admirable pola súa monumentalidade e calidade estética,
non podendo subtraerse aos influxos barrocos anteriores, subliñados intencionadamente
polo dourado dos finos motivos ornamentais: orlas, grinaldas, ménsulas, volutas e
estilizada decoración vexetal, ao que serve de contrapunto a fina policromía que imita
xaspes e mármores de variado colorido e acertados veteados.
Mágoa que se perdera o encanto e unidade que proporcionaría a contemplación das
súas esculturas orixinais, pois a excepción de dúas, San Martiño e Sta. Bárbara, o resto
achámolo disperso pola igrexa.
A traza do retablo, en sentido ascendente, está integrada por pedestal, banco, corpo
principal e ático curvo, que pecha todo o conxunto. Verticalmente divídese en tres rúas
-a do centro máis larga- separadas por catro altas columnas de orde composta. Estes
elementos de soporte sustentan o pronunciado entablamento, rematado en vistosa cor
nixa, que é recta nas rúas laterais e mixta na do centro. Sobre aquela descansa o ático,
tamén de tres rúas e tres fornelas, adornadas por mixtilineas molduras e cerrado por un
florón de remate.
Nas rúas laterais do corpo único van situadas simetricamente, en caixas, baixo doseis
recollidos, as imaxes da Purísima e San Xosé, a dereita e esquerda, sobre altos men
sulóns. A rúa central estrutúrase, de arriba abaixo, por sagrario -incrustado en tres pe
quenas gradas- expositor e camarín no eixe do altar para acoller a estatua do titular San
Martiño, bispo de Tours, vestido de pontifical, coa destra bendicindo.
DESCRIPCIÓN DA IGREXA
Interior
A igrexa é de grandes dimensións, realizada na súa totalidade con muro dobre de can
tería de granito fino colocada a óso. A planta é de cruz latina, co presbiterio moi longo,
case da mesma lonxitude que a nave, do mesmo largo que ela, pero de moita maior
altura, dimensión que destaca sobre todo nas perspectivas exteriores do templo. Tanto o
presbiterio, iniciado a finais do século XVII, como a nave, cruceiro e portada realizados a
mediados do s. XVIII, son obra de autores anónimos, aínda que, desde logo, da escola
ou inspirados na obra do arquitecto Casas Novoa, sobre todo no referente á fachada do
Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela.
A igrexa ten dous corpos engadidos: a sancristía, apegada ao muro norte do presbiterio,
e a pequena nave do baptisterio, na planta baixa da torre, apegada ao muro norte do
primeiro tramo.
A nave meirande divídese en tres tramos de lonxitudes diversas, separados por arcos
faixóns de directriz semicircular, todos eles decorados no seu intradorso por un festo
neado refundido.
/o:p>
Detalle da pía bautismal do baptisterio.
Os tramos de planta rectangular formados por estes arcos faixóns cúbrense por medio
dun sistema de bóvedas de cruzaría e estreladas, máis propias do estilo renacentista
galego do s.XVI que do estilo barroco compostelán que posúe o resto do edificio.
O primeiro tramo ten dúas bóvedas superpostas, a da cuberta e a da tribuna, ambas de
cruzaría, coas nervaturas de perfil gótico.
A bóveda da cuberta posúe unha grande clave circular rematada no seu centro por un
curiosísimo pinxante de decoración vexetal que colga máis de sesenta centímetros. A
plementería é de grandes perpiaños.
A bóveda de tribuna é similar á situada enriba dela, aínda que de directriz máis plana,
apoiada nun arco carpanelO orixinal di, por erro, “arco campanel"
que se apoia nas pilastras que serven de apoio, á súa vez,
ao primeiro arco faixón. Este arco carpanel e as pilastras teñen como pilastras exteriores
sendos contrafortes, ben trabados no muro, aínda que de factura posterior ao resto das bóvedas e muros
As pilastras de todo o templo están decoradas con festoneado vertical refundido, rema
tadas na súa parte superior por capiteis moldurados por dous listeis entre os que se sitúa
un cuarto de bocel; as basas de planta rectangular remátanse nun groso toro. Neste
primeiro tramo os capiteis foron suprimidos, xa que coinciden en altura co arco formeiro
carpanel da tribuna, sobre o que se apoia o arco directamente.
As nervaturas destas dúas bóvedas superpostas apéanse sobre ménsulas empotradas
nos ángulos. A clave da bóveda da tribuna, tamén circular e decorada en baixorrelevo
cunha media lúa e unha estrela, alusión directa á entrada da igrexa ao Misterio da Re
dención (noite-día, pecado-salvación)
Detalle do sol e a lúa tallado nunha das claves da nave.
O segundo tramo aparece cuberto por unha bóveda de terceletes, de cinco claves e ple
mentería de perpiaños de grande lonxitude, apoiadas as nervaturas en catro ménsulas
empotradas nos ángulos de encontro dos muros exteriores coas pilastras de apoio dos
arcos faixóns. As claves labradas en baixorrelevo e policromadas decóranse con cinco
personaxes. A clave central, circular e de maiores dimensións que o resto, decórase coa
figura de San Martiño, con báculo e mitra, titular da igrexa; as outras catro claves, tamén
circulares, representan os catro Santos Pais da Igrexa: San Xerome, San Ambrosio, San
Gregorio e San Agostiño.
Neste segundo tramo da igrexa ábrense dúas portas, unha en cada un dos muros norte
e sur, alinteladas polas súas caras exteriores e rematadas en arcos rebaixados a caras
interiores. Polo exterior estas portas decóranse cun xambeado rematado en orelleiras
nos ángulos superiores e polo interior son lisas.
Dous pares de ventás rectangulares, colocadas verticalmente e en posición simétrica,
ábrense tamén nos dous muros norte e sur, de derrame interno, polos seus catro lados.
No primeiro tramo e á altura da tribuna sitúase, no muro sur, unha pequena xanela de
características similares ás descritas para as do segundo tramo.
O terceiro tramo da nave maior é o corpo central do cruceiro, conformado á súa vez por
tres tramos. O corpo central aparece cuberto cunha bóveda de terceletes semellante
á do segundo tramo da nave, pero neste caso con nove claves, xa que os nervos cru
ceiros centrais se prolongan un pouco ata rematar en sendas claves. Todas as claves
circulares, decoradas en baixorrelevo con motivos vexetais, agás a central, de maiores
dimensións e decorado cun interesante tema: un escudo abacial –xa que ten un capelo
con ordes de borlas– e no centro un brasón con cinco estrelas de oito puntas; a estrela
central, de maiores dimensións que as outras catro que a rodean.
Este brasón repítese
noutros lugares deste conxunto monumental: na clave da bóveda da sancristía e na
portada do pazo abacial. As nervaturas, como no resto da igrexa, apóianse en ménsulas
empotradas nos ángulos.
Este tramo que describimos, e coa din de formar o cruceiro, prolóngase ao norte e ao
sur en dúas capelas ás que se accede por outros tantos arcos de medio punto, decora
do o seu intradorso por un núcleo central refundido, apoiados en pilastras con idéntica
decoración e cubertas ambas capelas por bóveda de canón de directriz semicircular,
que se apean sobre impostas corridas molduradas en perfil de talón.
De forma simétrica
sitúanse dous ventanais rectangulares nos muros occidentais destas capelas, de derra
me interno polos seus catro lados, e outro ventanal de similar factura no muro penal da
capela do lado sur. Nos testeiros do cruceiro sitúanse dous retablos barrocos, de boa
factura e con interesantes imaxes do s. XVIII.
O presbiterio é de grandes dimensións, de planta rectangular, cuberto por bóveda es
trelada de 5 claves e dous grandes ventanais de derrame interno nos muros norte e
sur; a plementería, como no resto das bóvedas, é de perpiaños de grande lonxitude,
nervaturas de perfil gótico descansando sobre ménsulas empotradas nos catro ángulos,
e claves –neste caso– elipsoides, con motivos vexetais e xeométricos en baixorrelevo.
No muro norte do presbiterio ábrese unha porta co xambeado moldurado e decorado
con orelleiras superiores, de acceso á sancristía, que é á súa vez de planta rectangular,
cuberta con bóveda de cruzaría cuxa clave circular se decora co brasón abacial descrito
das cinco estrelas.
Detalle da bóveda nervada que cubre o presbiterio
O grande retablo maior, do s.XIX, con fermosas tallas, ocupa a totalidade do testeiro.
Destacan no interior da igrexa, pola súa forza expresiva e a inxenuidade da súa execu
ción, as pinturas que decoran a totalidade das nervaduras, as pilastras e o intradorso de
todos os arcos, decoración feita a base de xaspeados, marmorados e motivos vexetais
en tons grises, amarelentos e vermellos, pinturas realizadas na súa totalidade no ano
1804, segundo consta nos libros parroquiais
Como mobiliario, sen contar os retablos que describiremos aparte, destaca en primero
lugar a fermosa pía bautismal, situada nunha pequena capela apegada ao muro norte
do primeiro tramo da nave, que non é outra cousa que a planta baixa da torre, á que se
accede por un arco de medio punto liso, a nave aparece cuberta por bóveda de canón
corrida. A pila é de moi bela factura, do s.XVIII, policromada, decorada con dúas ordes
de óvalos, uns refundidos e outros non, rematada en cornixa decorada con motivos
xeométricos, anel en zig-zag con ovas.
É tamén notable o púlpito, de copa decorada con óvalos, anel a media altura de decora
ción vexetal, con basa cuadrangular. A balaustrada é de madeira torneada e policromada
e o tornavoz de planta octogonal de madeira tallada e tamén policromada.
Exterior
No exterior destaca a fachada occidental coa súa grande portada.
A porta, rectangular, de lintel adoelado coa súa clave decorada con motivos vexetais e
xambeado moldurado e decorado con dobres orelleiras, superiores e inferiores.
A ambos lados da porta e co obxecto de soportar o arquitrabe e o frontón partido que
se sitúa enriba, construíronse dúas pilastras dobres, de grandes dimensións, decoradas
con festón vertical refundido e núcleo labrado a dous niveis, asentadas en altos basa
mentos de alzado rectangular rematados por basas toscanas, cuxo toro se imposta a
ambos lados da portada ata conformar o basamento das pilastras de ángulo desta fa
chada occidental e que se sigue prolongando ata conformar tamén o basamento da gran
torre, apegada ao muro norte da igrexa.
Fachada oeste do templo.
Os capiteis moldurados que rematan as dúas pilastras da portada, sosteñen un arquitra
be de catro bandas, listeis superpostos, que á súa vez soportan un grande friso moldu
rado con listel, gola e pingadeira, apoio do frontón partido, coas mesmas molduracións
e de directriz semicircular deprimida, que acolle no seu centro unha fornela coa imaxe
de San Martiño, flanqueada por dúas pilastras. Dos tímpanos do frontón érguese un
pináculo por lado, rematados en bólas.
Sobre a fornela de San Martiño, patrón da igrexa, ábrese un ventanal de xambas moi
molduradas e decoradas con orelleiras, que serve para dar luz ao coro. Dúas altas pilas
tras flanquean o ventanal, para recibir a ancha cornixa voada de remate, a dúas augas
e cun tramo central horizontal, sobre o que se apoia outra grande fornela coa imaxe
de Santa Bárbara, co castelo e a palma do martirio nas súas mans. A fornela remátase
con outro frontón partido de directriz semicircular, cuxo centro acolle a cruz terminal da
portada. Sitúanse a ambos lados da fornela dous aletóns de apoio e dous pináculos
rematados en ananás.
Detalle do San Martiño que ocupa a fornela situada no frontón partido da fachada.
A fachada occidental remátase nos extremos por grandes pilastras angulares, dobres,
de decoración refundida e rematadas por altos pináculos en forma de ananá.
Todo na factura desta bela portada, decoracións, fornelas e pináculos, recórdanos á
catedral de Santiago de Compostela, sobre todo na súa fachada occidental.
Destacan tamén polo exterior a grande torre e os esbeltos pináculos rematados en bó
las, situados en todas as esquinas da cuberta e no centro dos panos. As portas laterais
locen decoración de orelleiras e os ventanais rectangulares son lisos. A grande cornixa
barroca leva unha grande moldura de pingadeira.
A torre-campanario, de influencia compostelá en canto a concepción e diseño, sitúase
ao norte da fachada occidental, de planta cuadrangular, realizada como o resto da igre
xa con perpiaños ben labrados colocados a óso, e estruturada en tres corpos: cana ou
tambor, campanil e campanil e capitel balconado
A cana está dividida en tres tramos separados por dúas impostas de cincha; delas a
máis alta aparece adornada con placas colgantes recortadas en semicírculo e situadas
nos ángulos.
Detalle da torre-campanario.
O corpo da torre ou campanil levántase sobre unha grande cornixa barroca, tamén de
planta cuadrangular, decorado cun oco por cada lado, rematados en arcos de medio
punto peraltados e lisos, que serven como caixa de resonancia das campás que se en
contran no interior. Estes ocos aparecen flanqueados por pilastras de base curta, fuste
de caixeado refundido e entaboamento toscano. Este corpo rodéase, como as torres
da catedral compostelá, por unha balconada perimetral constituída por balaústres de
perfil composto, pilastróns nos ángulos de núcleo refundido, varanda moldurada e tres
pináculos terminais por lado.
O último corpo de chapitel semiesférico está ornado por catro resaltes en ese (S) e un
pináculo central coroado por unha bóla que sustenta a veleta e a cruz de remate..
Similar balconada perimetral á que describimos completa este corpo alto da torre.
PAZO ABACIAL
Este fermoso pazo que asenta as súas antigas raíces ao lado da igrexa parroquial de
Barcia de Mera, conformado unidade con ela, conserva a tipoloxía e o esquema estético
da típica mansión señorial emprazada no medio campesiño durante a época barroca.
De aí as evidentes vinculacións estilísticas con ese arte, cuxo principal foco en Galicia,
foi Compostela.
Vista aerea do pazo abacial.
Equivocadamente se lle atribúen varios fundadores e múltiples destinos, como, por
exemplo, mosteiro, convento, hostal de peregrinos, etc. Máis a súa construción tivo un
fin claro, ía ser Pazo Abacial; pero ao mesmo tempo, aglutinaría outras dependencias
secundarias dentro dunha importante explotación agrícola ao servizo da veciñanza, tales
como muíño, forno, lagar e ferrería. Ata recursos defensivos contra os ladróns quedaron
previstos na súa planificación, testemuñados polas troneiras existentes a ambos lados
dos portalóns das adegas ou na garita de pedra de planta circular con mira, situada no
ángulo da fachada Norte. Un risco anecdótico foi a preocupación constante dos abades
polos ladróns, que habería de ter confirmación en 1838.
O pazo mandouno construír, cara 1740, despois de finalizadas as obras da sancristía,
o abade, Dr. Don Alberto Barreyro y Bello, sucesor do seu tío, Dr. Don Alberto Bello
Barreyro. Confirma esta aseveración, o célebre historiador Avila y la Cueva cando ao
falar de Barcia de Mera na súa «Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su
Obispado», di: «Tiene una casa rectoral de las mejores del Obispado cuya hizo desde
los cimientos cerca desde los mediados del siglo XVIII el doctor Don Alberto Barreyro y
Bello, Abad de la misma...».
Este ilustre benfeitor «estuvo veintisiete años al frente de la feligresía que lo vió nacer,
desarrollando hasta su muerte, ocurrida de repente, el 15 de octubre de 1761, infatigable
labor en pro de Barcia de Mera. Murió sin testar, habiendo dejado de su puño y letra una
manda “para dos mil misas, que se dirán repartidas entre la Parroquia y Conventos de
costumbre».
Non se ten noticia algunha dos artistas creadores nin do custo desta obra mestra, pois
nunca existiu Libro de Fábrica. Os gastos eran repartidos entre toda a veciñanza. ¿Afec
tou á documentación pacega o incendio sufrido no ano 1890?.
A ostentosa casona impresiona polo contraste que presenta a severidade dos sólidos
muros graníticos exteriores coa suntuosidade decorativa da portada principal, que a
modo de arco truinfal serve de acceso ao pazo.
Centrada no arquitrabe alintelado desa portada aparece unha cartela na que se inscribe
o ano de remate da obra, 1752. E enriba, sobre voada repisa, ornada con profusas e
estilizadas frondas, a pedra de armas dos «Bellos» de Barcia de Mera, sen capelo nin
borlas de abade.
Remata a portada coa estatua de Atlas en bulto redondo, flanqueado por dous pináculos
de bóla por lado, rematados mediante ananás. Sen dúbida quíxose perpetuar o esforzo
supremo que houbo de soportar o pobo unido de Barcia de Mera para conseguir tan
extraordinario conxunto histórico-artístico
Exterior
Trátase dun fermoso edificio pacego de mediados do século XVIII (o ano 1752 figura na
portada) de planta rectangular con patio interior, e un corpo cuadrangular engadido con
posterioridade polo seu lado norte, dedicado a muíño e forno, que lle confire ao coxunto
actualmente unha planta en forma de L.
Todo o edificio está construído con excelentes perpiaños de gran fino colocados sen
argamasa. Os muros de grande grosor érguense sobre un rebanco que se fai dobre
na fachada oeste. Grande cornixa e ventanais divididos por trabatel, elementos típicos
do estilo barroco galego. A cornixa moldúrase en dous corpos superpostos, o superior
composto por listel-gola-listel, grosa pingadela separadora, e o corpo inferior moldurado
en listel-media cana-listel
Unha grosa imposta tórica recorre toda a parte superior dos muros, baixo a cornixa, ro
deando a algunhas xanelas do lado sur a modo de alfiz; no resto, serve de tornachuvias.
Na fachada norte destaca un airoso balcón, xa que pola súa localización non se pode
denominar solaina, soportado no seu andar terreo por catro columnas con basas cua
drangulares e capiteis pseudodóricos e outras tantas de sección poligonal no piso alto,
apoiadas en altas basas cuadrangulares decoradas con placas. Teñen desaparecido os
balaústres, pero consérvase o pasamáns, que é moldurado.
O corpo do muíño apegado ao pazo, que se localiza neste lado norte, consta de tres
plantas: a baixa, dedicada unicamente a albergar baixo unha bóveda pétrea as aspas
e maquinaria do muíño; o primeiro andar dedicado ao muíño propiamente dito, nunha
estancia comunicada coa grande cociña (onde ademais das moas hai dous fornos e a
entrada a un corpo cilíndrico de garda); e o piso alto, posible dormitorio da servidume,
coa súa estrutura do piso de madeira, hoxe derruída.
Este corpo cilíndrico situado no ángulo de encontro do corpo central co corpo do muíño;
serviu posiblemente como letrina durante un tempo e remátase con chapitel e pináculo
con bóla, dispoñendo dunha mira en seteira con derrame interno.
A fachada oriental é a máis simple, sen ocos, e co piso baixo convertido en semisoto a
causa do desnivel do terreo.
A fachada occidental posúe sete ventanais no piso alto, co trabatel barroco, un deles ten
ademais un tornachuvias voado. No piso baixo ábrese, no centro da fachada, a porta de
entrada á adega, á que se accede por medio de tres chanzos de pedra, cunha seteira a
cada lado.
A fachada sur é a máis rica, xa que se decora coa portada principal. Ten sete xanelas,
catro delas situadas a un nivel máis alto, polo que a imposta tórica vese obrigada a ro
dear a súa parte superior, servíndolle de tornachuvias. Estas xanelas non teñen trabatel.
A portada é de riquísima decoración, con porta rectangular de dúas follas, xambeado
decorado e de lintel adoelado, decorado o conxunto cun frontón partido, frondosamente
decorado, de traxectoria de arco deprimido.
O xambeado da porta é moi moldurado, de dobres orelleiras superiores e inferiores. A
clave decorada cunha grande flor tetrapétala, coroada por un lirio estilizado e, no seu
centro, unha cuncha de vieira. (Posible simboloxía: a flor representaría a Cruz; o lirio,
María; a cuncha de vieira, a Resurrección do Señor)
A ambos lados desta porta sitúanse dúas pilastras de alto basamento, sobre as que se
erguen basas de perfil ático (toro-escocia-toro). O fuste das pilastras presentan un festón
vertical refundido co seu núcleo central moldurado. Estas pilastras decóranse a modo
de contrafortes laterais, cunha dobre espiral por cada lado, decorando a súa fronte con
botóns, como recurso ornamental moi estilizado que confire grande riqueza ornamental
á parte baixa da fachada.
Sobre os capiteis decorados con molduras superpostas, listeis e cuartos de bocel deco
rados con ovas, sitúase un arquitrabe de catro planos superpostos sobre os que –nun
gran festón decorado con catro losanges tamén de planos superpostos e dous floróns
situados xusto encima das pilastras– sitúase a grande cornixa, moi voada e polimoldura
da, sobre a que se levanta o frontón partido, de directriz de arco deprimido.
No centro dos catro losanges atopamos unha cartela rectangular, con decoración vexetal
na que se le, en números romanos, a data MDCCLII.
Nos tímpanos do frontón sitúanse unhas grandes figuras dun óvalo por cada lado, moi
saintes, a modo de gárgolas, co pico aberto, as cabezas coroadas, e as asas a medio
despregar; en actitude de canto, (¿símbolo da Resurrección?), motivo que constitúe
unha chamativa decoración
Os autores non repararon en que a ave coroada que figura no escudo nobiliario da Casa do Souto, posible
residencia do párroco Alberto Bello, tío do promotor do Pazo Abacial, podería estar na base da utilización deste
motivo zooformo na fachada.
Detalle dunha das aves coroadas da fachada do pazo.
O plano do centro do frontón aparece decorado con multitude de motivos, na parte infe
rior seis figuras de planta cuadrangular e o resto motivos vexetais.
No centro e encima do frontón vemos o grande escudo abacial, que xa describimos,
coas cinco estrelas, rodeado de profusa decoración vexetal
O remate realízase por medio dunha cornixa mixtilínea, moi partida, decorada por catro
pináculos e un quinto central máis alto, coroado por unha imaxe, ápice desta grande
portada.
Esta figura representa a AtlasNa mitoloxía clásica Atlas é irmán de Prometeo, Epimeteo e Menencio e pai das Hespérides. As súas fillas eran
As Híades, Calipso, Maya e as Pléyades. Atlas foi o caudillo dos Titáns na Titanomaquia e cando foron derrotados
polos deuses olímpicos, foi castigado por Zeus a soster o ceo sobre as súas costas. “Coa súa axuda, Heracles
puido completar o seu undécimo traballo, xa que Atlas marchou ao xardín das Hespérides a por tres mazás dou
radas, deixando ao heroe mentres tanto co mundo ao lombo. Cando Atlas volveu coas mazás, pretendía levarllas
el mesmo a Euristeo, pero Heracles pediulle que o substituíra mentres el se colocaba unha almofadón para aliviar
o peso do orbe. Ao acceder o titán, Heracles liscou correndo de alí.” (De la Plaza Escudero, Martínez Murillo e
Vaquero Ibarra. Cuadernos de arte Cátedra. 2016)
condeado polo deus Xúpiter Na mitoloxía grega, onde xa que existía o mito de Atlas, o deus Xúpiter recibe o nome de Zeus
a soster o globo celeste
perpetuamente sobre os seus ombros, outro motivo de decoración barroca moi compos-
telán. Esta figura está realizada en bulto redondo, moi lisa; parece como se o seu autor
fose outro distinto e menos experimentado que o autor ou autores da parte inferior.
Os catro pináculos laterais, rematados en ananás, moi altos e reforzados con sete aneis
de diversa decoración
Trátase, sen lugar a dúbidas, dunha das máis fermosas portadas pacegas do barroco
galego.
Detalle do Atlas flanqueado por pináculos e, detrás, a cheminea.
Do interior do pazo destaca o seu fermoso patio desde o que se accede ás dependen
cias interiores por catro portas distintas, unha delas por medio dun fermoso patín galego.
A cociña, comunicada co corpo do muíño, conserva a máis ampla e monumental das
típicas lareiras. Trátase dunha habitación independente, dentro da cociña, xa que ten
muros de peche laterais e porta de entrada; a campá, sostida por grosas columnas de
basas e capiteis pseudodóricas.
As salas e outras dependencias están convertidas, na actualidade, en enormes salóns
(dous) con numerosos ventanais.
Escaleiras intramuros dan acceso ao piso baixo, onde se conserva a adega cos seus
aditamentos, as cortes, ferrería, etc.
No exterior consérvase tamén un hórreo pétreo de catro claros
É moi chamativo o grande remate exterior da lareira, chimenea cilíndrica, reforzada por
multitude de aneis e rematada por pináculos con ananá, similares aos da portada.
Son de destacar tamén neste conxunto e polo exterior as fermosas escaleiras de acceso
á igrexa, con petril e pasamáns moi decorados; a escaleira de acceso ao campanario e
o pequeno adro de acceso á portada do pazo, con peche de pedra e bancos a ambos
lados, con dous remates en «monfortino» a ambos lados das portas.”
Detalle da cheminea do pazo