Actualidade e Noticias



En Semana Santa, mañás creativas no Concello de Covelo
- 01/03/2024 -

A ANPA O Suído do CEIP Antonio Blanco Rodríguez organiza unha actividade de conciliación para os días non lectivos
A sala multiúsos do Concello de Covelo acollerá a actividade de conciliación “Mañás creativas” organizada pola ANPA O Suído do CEIP Antonio Blanco Rodríguez. Co obxectivo de contribuír a unha mellor conciliación familiar e laboral a actividade ofrecerase durante os días non lectivos de Semana Santa, o 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril de 9 a 14 horas.

 

As familias que desexen inscribirse ou obter máis información deberán contactar coa empresa que realizará a actividade nos números de teléfono 604 00 71 26 o 986 64 14 00.

 

O prezo será de 13 euros cada día solto e de 45 euros polos catro días. Para os grupos de irmás/irmáns haberá un desconto de 5€ por irmán.

 

Dirixida a nenas de 3 a 12 anos, ambos incluídos, esta actividade impartirase na sala do baixo do edificio mulitúsos do Concello de Covelo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade