Parroquia a parroquia. A Toponímia do Concello de Covelo.
“Parroquia a parroquia” é un proxecto do Concello de Covelo que pretende poñer en valor a microtoponimia do seu amplo territorio municipal de 154,63 km cuadrados, dividido en 14 parroquias, a través doutras tantas publicacións multimedia, nos formatos de libro e de audiovisual.

Este proxecto ven precedido do traballo de campo (recollida e sistematización) da toponimia de distintas parroquias do municipio realizado polo historiador e investigador Alberte Reboreda, en colaboración co proxecto da Real Academia da Lingua Galega, “Galicia Nomeada”.

O que se pretende agora é darlle difusión en distintos formatos e no ámbito de toda Galicia ao copioso traballo realizado por Alberte Reboreda, cunha colección de 14 volumens (un por cada parroquia de Covelo) que se irían editando en anos sucesivos, dentro da denominada colección “Parroquia a parroquia”.

Aínda que o corpo central da publicación se deteña nos aspectos linguísticos e sociolinguísticos dos nomes recollidos, é importante sinalar que tamén serán obxeto de atención os demáis aspectos relacionados coa tradición e a historia dos lugares referenciados.

“Parroquia a Parroquia” expresa a vontade de aproximarse ás cousas pequenas, á esfera micro dos nomes, ás historias das fontes, dos cruces, das levadas, dos eidos e das vidas dos nosos veciños. 


Parroquia de Barcia de Mera.  

A publicación en pdf pode atopala aquí.

A cartografía coa toponímia pode atopala aquí.






 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade