Servizo de Atención Temperá en Covelo



O Concello de Covelo dispón dun Servizo de Atención Temperá en funcionamento para nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade que sexan derivados polo servizo de Pediatría do centro de saúde correspondente
.

A unidade de atención temperá está composta por tres profesionais e dá servizo en cinco concellos do Condado-Paradanta (A Cañiza, Melón, Mondariz, Mondariz-Balneario e Covelo). 

Para persoas usuarias do concello de Covelo, o servizo préstase no centro médico de Maceira, os mércores de 9:00 h a 17.30 h.


Qué é o Servizo de Atención Temperá?

 


É un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno.

Ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.


Que son os trastornos do desenvolvemento?


Son situacións nas que, como consecuencia dunha alteración das estruturas ou funcións corporais, de restricións na participación social ou a causa de factores do contorno, se produce unha desviación ou atraso significativo no desenvolvemento das capacidades, adquisicións e recursos persoais típicos nos nenos e nenas. É o servizo de Pediatría do centro de saúde correspondente o que debe determinar a existencia de trastornos do desenvolvemento ou risco de padecelos.


Máis información:
 


 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade