A Biblioteca Pública de Covelo está situada na rúa Travesía de Vigo, 11, no núcleo de Covelo. Dispón de mais de 12.000 exemplares, un arquivo fotográfico e videográfico de todo o municipio, ademais de diversos contidos dixitais e unha hemeroteca. Nela atópase un punto de acceso wifi a internet a disposición do público totalmente gratuito, con nove ordenadores linux, impresora e escaner.
Participación no fondo bibliográfico
O longo do ano a biblioteca de Covelo incrementa os seus fondos coa compra de material bibliográfico -a través do orzamento destinado polo concello de Covelo e das subvencións solicitadas á Xunta de Galicia-, unha para “mellora da colección da biblioteca” e outra destinada a “novidades editoriais en galego”.
Dende a biblioteca intentase realizar unha selección do material que sexa acorde coas peticións e necesidades da poboación do concello e dos usuarios da biblioteca. Por isto durante todo o ano, admítense suxestións e peticións de material bibliográfico por parte dos usuarios e persoas interesadas en algún tema, para que durante o ano pódase ir mercando o material, en canto sexa posible, por parte da biblioteca.
Animámosvos a suxerir eses títulos que consideredes imprescindibles nunha boa biblioteca.
Horario de Inverno (16 de septembro ata o 15 de xuño):
Horario de apertura de luns a venres: Mañá de 10:00 a 14:00 h. Tarde: de 16:00 a 19:00 h.
Horario de Verán (16 de xuño ata o 15 de setembro):
Horario de apertura de luns a venres: Mañá de 09:00 a 14:00 h.
Días de peche da Biblioteca no 2021
28 de febreiro ao 2 de marzo, do 11 ao 18 de abril, 16 e 17 de maio, 6 e 24 de xuño, do 8 ao 16 de agosto, do 1 ao 9 de septembro, 31 de outubro, 1 e 11de novembro, 5 e 8 de deceembro, do 22 ao 31 de decembre.
Correo-e: biblioteca.covelo@fegamp.gal
Teléfono 986 650154