O Concello de Covelo ven de redactar o ante proxecto de Acondicionamento da nova Praza de Maceira que se pretende realizar con cargo aos vindeiros presupostos de obras do ano 2020.
Antes da aprobación definitiva de dito proxecto, a través da sección de Participación “Covelo falo ti” da páxina web do concello, poderase consultar o anteproxecto de obra de Acondicionamento da Praza de Maceira de forma que calquera veciño poderá aportar ideas a cerca da definición de usos alternativos dos espazos, materiais de execución, cores, ordenación de mobiliario urbano ou calquera outra aportación que considere necesaria.
Mediante este proceso de participación, dende o concello preténdese facer partícipes aos veciños e veciñas nos procesos de renovación de espazos públicos que son utilizados por todos, fomentando un urbanismo participativo, sostible e integrador que favoreza o uso para as persoas.
As actuacións propostas contemplan a combinación de materiais nobres como pedra e madeira con outros mais modernos como aceiros ou cementos pulidos e coloreados, mellora da accesibilidade para persoas dependentes, ocultación de contedores e renovación de mobiliario urbano nunha nova concepción dos espazos mais orientada á integración e o uso peonil de nenos e maiores.
Unha vez definido o proxecto cos veciños e veciñas, o concello comprométese a incluílo en futuros presupostos de obras e a buscar financiación ante outras administracións ao longo do 2020.
Pode consultar o anteproxecto de Acondicionamento da Praza de Maceira aquí
Infografias orientativas do resultado proposto:
Comentarios