Novas
Axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra ante a situación de Seca
- 12/10/2022 -
Eliminación de fugas nas redes de abastecemento de auga potable
No BOPPO nº 174 de data 12/09/2022 a Deputación de Pontevedra publica as Bases reguladoras e convocatoria das axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra para realizar actuacións de emerxencia que garantan o abastecemento de auga potable domiciliaria ante a situación de Seca.

Ao abeiro destas bases o Concello de Covelo solicita e xustifica a eliminación de fugas nas redes de abastecemento de auga potable. Esta liña de actuación desenvolveuse nas parroquias de Covelo, Santa Marina, Casteláns e Barcia de Mera; o importe total da inversión realizada polo Concello ascendeu a cantidade de 5.280,83€.

Con data 22/12/2022 o Concello de Covelo recibe Resolución por parte da Deputación de Pontevedra pola que lle concede unha subvención pola realización da antedita actuación que ascende a cantidade de 5.280,83€.


 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade