Axenda
Programación Turística 2021
- 02/06/2021 -
Roteiros e Patrimonio Natural - Museo Pazo da Cruz e Patrimonio Etnográfico - Observación de Estrelas e Astroturismo.
Previamente a cada data e actividade publicaremos a programación completa coas condicións e prazos de inscrición.
Turismo 10 en Covelo.
Rutas guiadas con explicación dos valores naturais e patrimonio etnográfico, arqueolóxico e arquitectónico existentes. Un total de 14 rutas de primavera, verán, outono e inverno segundo o calendario axunto.
 
Portas abertas da Aula da Natureza e Serradoiro dos Carranos.
 
Xornadas de Rutas Nocturnas con visión estelar e iniciación á astronomía no miradoiro e observatorio nocturno Castelo do Faro.
 
Rutas de promoción turística con visitas guiadas ó patrimonio arquitectonico e etnolóxico do concello, como ó Cruceiro do Santo Cristo dos Aflixidos na Praza do Mestre Cerviño, así como o Museo Etnográfico Pazo da Cruz en A Hermida, a Casa Leónides en A Graña, os Chozos da Serra do Suído e a Capela da Xestosa. O Concello financiará o transporte en autobús, así como o guía turístico, agasallos, e material informativo dos recursos do concello.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade