A efectiva realización da actividade denominada “Parroquia a Parroquia. Toponimia no Concello de Covelo. Vol 2. Santa Mariña de Covelo” supuxo por en valor a microtoponia do termo municipal de Covelo. Aínda que o corpo central da publicación estivo centrada nos aspectos lingüísticos e sociolingüísticos dos nomes recollidos, é importante sinalar que tamén foron obxecto de atención os demais aspectos relacionados coa tradición e a historia dos lugares referenciados.
O que se conseguiu foi darlle difusión en distintos formatos á esfera micro dos nomes, ás historias das fontes, dos cruces, das levadas, dos eidos e das vidas dos veciños da parroquia de Santa Mariña, sendo este o segundo volume que se edite dunha colección de 14 (un por cada parroquia de Covelo).