Novas
V Programa de Compostaxe Doméstica no Día Mundial do Reciclaxe.
- 22/03/2022 -
A Sociedade Galega de Medio Ambiente en colaboración co Concello de Covelo facilitará as persoas ou familias interesadas un total de 25 composteiros, un manual de compostaxe doméstica e un pequeno curso de formación (duración 1 hora) co obxecto de procurar o maior éxito na implantación da experiencia composteira.
 Para participar nesta iniciativa deben residir en vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín, estar empadroados/as, non ter participado en programas anteriores e solicitar a participación nas oficinas do Concello de Covelo ata o luns 9 de maio de 2022.
O venres 13 de Maio de 2022 ás 18.30 h impartirase, no Edificio de Usos Multiples de Covelo, o curso de formación para a correcta técnica de compostaxe e entregaránse os 25 composterios previstos para ás persoas solicitantes.

Poden dirixirse as oficinas do Concello de Covelo para calquera consulta e para realizar a súa solicitude (teléfono 986650027/47).



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade