O río Tea. Ruta AQA

Ruta AQA

A ruta AQA lévanos por un percorrido de sendeiros novos e camiños tradicionais, pasando por algunhas das paisaxes máis fermosas do río Tea.
Está baseada nun roteiro circular de 11,5 km entre o lugar de Redondo e a fermosa praia fluvial de Maceira, pero existen dúas posibles extensións. Nunha delas, de 2,2 km, chegamos ata Barcia de Mera, histórico lugar que merece a pena visitar pola súa igrexa e reitoral, máis os recén restaurados muíños de Portafurado. Noutra variante saímos do val do Tea en Lourido, para chegar, tras 4,0 km, ata a vila de Santiago de Covelo, capital do municipio. Pódese comezar a ruta tanto en Barcia de Mera como en Santiago de Covelo, ou na praia fluvial de Maceira.
A auga é o sangue que dá vida aos diversos ecosistemas polos que pasamos no camiño, nos que habitan verdadeiros tesouros da flora e fauna galega. A auga tamén deu lugar a un patrimonio etnográfico excepcional: de presas, levadas e muíños, de fontes e pasos, testemuños do íntimo vencello entre os covelenses e o río Tea ao longo dos séculos.
A continuación podes atopar información específica sobre a ruta AQA, e tamén información máis xeral sobre o patrimonio natural e cultural do val do Tea, espazo natural que forma parte da rede Natura 2000.
Ruta AQA

 

PDF Descargar tríptico sobre a ruta AQA en formato PDF  854 KB

 

Enlaces:



 
  O Río Tea: espazo protexido Red Natura 2000. Concello de Covelo.