O percorrido da ruta AQA atravesa un espazo natural condicionado pola presenza da auga, que actuou como modeladora dunha paisaxe de vales e valgadas. Son numerosos os elementos patrimoniais presentes ao longo da ruta e relacionados cos usos da auga, como presas e levadas para o rego, fontes, muÃños onde moer. Outros puntos de interese presentes na ruta son a praia fluvial de Maceira e a igrexa e reitoral de Barcia de Mera.
- Denominación da ruta: Ruta AQA
- Tipo de percorrido: lineal con tres tramos diferenciados e unha variante. Pode comezarse en varios puntos
- Punto de partida: Covelo
- Punto de chegada: Barcia de Mera
- Acesos alternativos: Lourido, Praia Fluvial de Maceira, Redondo, Barcia de Mera
- Variante: Lourido - Redondo
- Dificultade: baixa
- Lonxitude: 15,6 quilómetros
- Tempo aproximado: 6 horas