O Concello de Covelo foi seleccionado, xunto con outros 12 concellos de Galicia, pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para desenvolver unha experiencia piloto denominado “Núcleos de Sustentibilidade Integrada: Un instrumento para o desenvolvemento local”. Para está inclusión no programa foi considerada a situación e o compromiso coa sustentabilidade do municipio xa que parte del está integrado na Rede Natura a través do río Tea, iniciouse unha Axenda Local 21, desenvolveuse un proxecto de Parque Industrial Sostible (PISCo) con plan parcial aprobado, serras e múltiples paraxes de interese ecolóxico e medioambiental e, según palabras dos representantes da consellería de Medio Ambiente, un gran potencial no desenvolvemento de actividades de promoción da natureza.
O proxecto tratará de integrar accións susceptibles de ser promovidas ou apoiadas polas administracións municipal e autonómica cara ao deseño dun desenvolvemento local sostible co fin de formular un "plan integrado de sostibilidade local".
Este deberá se-lo instrumento básico de decisión nas actividades de goberno do concello, definindo liñas de acción específicas, que coordinen os recursos e esforzos provenientes das distintas Administracións públicas e das diversas áreas de goberno municipal para satisfacer todas las necesidades comúns, e que serán consideradas de carácter prioritario, no só pola Administración local senón tamén polas de orden superior, e que por tanto o concello recibirá o apoio preferente destas para a súa execución.