A metade norte do municipio de Covelo está dominada pola Serra do Suído. Esta serra, o extremo
sur da dorsal galega, abrangue máis de 110km2 e marca o límite entre as provincias de Pontevedra
e Ourense.
Aproveitada como zona de pastoreo desde tempos neolíticos, hoxe en día preséntanos
unha paisaxe de hábitats abertos seminaturais, dominada por distintos tipos de matogueira. A
actividade gandeira aínda xoga un papel fundamental no mantemento desta paisaxe, na que se agochan
verdadeiros tesouros da fauna e flora galega.
No ano 2009 cun proxecto da Axencia de Sostibilidade de Covelo,vense de publicar un
libro da "Serra do Suído e o Alto Tea" financiado polo Concello de Covelo e a
Dirrecíon Xeral de Conservacíon de Natureza da Xunta de Galicia.