logo  
Serradoiro dos Carranos
Aula da natureza e do patrimonio etnográfico
Maceira - Covelo
 

O Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para move-la serra e foi construído aproximadamente n 1922, coincidindo curiosamente coa construcción da central hidráulica de Chicoreiras, que producía a luz para o entorno. A súa construcción fíxose en pedra e escavando a rocha do lugar aínda que despois foi reconstruido en ladrillo. O conxunto do serradoiro consta de catro edificacións: o aserradeiro propiamente dito, un sequeiro e almacén de Madeira, unha pequena forxa e un pequeño almacén. Tamén podemos apreciar un pequeño forno para a queima de residuos e os raíles para o transporte de Madeira ata o interior do serradoiro. A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o nome o serradoiro e razón pola cal podemos atopar unha forxa, xa que as ferraxes para estes carros tamén se forxaban aquí.A localización do serradoiro tamén ten que ver con esta dedicación . xa que se sitúa á beira do camiño empredado que levaba a Ourense, polo que pasa hoxe en día o sendeiro.

O serradoiro recibe auga do regato de Vixiáns, no cal se construiu unha pequena presa para facilita-la recollida de auga. Desta presa a auga canalízase a través de dúas comportas cara á levada que verte á noria. Estas comportas ábrense á man, coa axuda dun sacho, e o acceso ata elas faise a través dunha escaleira tallada na rocha. A noria recibe a auga e transmite o seu movemento ó conxunto de rodas e correas de transmisión, que posteriormente moverán as máquinas (serra, torno e cepillo). A noria que podemos ver hoxe en día é a terceira que se monta e ten un diámetro aproximado de máis de seis metros. As rodas e correas de transmisión atópanse no soto do serradoiro. As rodas non se cambiaron dende a súa construcción e incluso unha das correas (feitas en lona) é aínda a original de 1922. Dende aquí a forza só se pode transmitir a un dos dous conxuntos demáquinas, por unha banda está a serra de cinta e por outra banda un conxunto de dúas máquinas: un torno e un cepillo, que dispón ademáis de serra circular e taladro. Cando funciona a serra non poden funcionar o cepillo e mailo torno, xa que só unha das dúas correas de transmisión pode estar traballando.

Guía didactica