Actualidade e Noticias



O conxunto abacial de Barcia de Mera será Ben de Interese Cultural
- 28/11/2022 -

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anunciou que terá categoría de €monumento€
Ofrecer a máxima protección e potenciar o seu valor” son os motivos polo que o grupo de goberno presidido polo alcalde Pablo Castillo solicitou a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para o conxunto abacial da reitoral da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera. Na súa visita a Covelo, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, adiantou que xa se iniciaron os trámites para a súa declaración polo seu especial interese para o patrimonio cultural de Galicia.


Segundo avanzou o conselleiro, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta ten listo para publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución de incoación da declaración BIC deste conxunto parroquial, con categoría de monumento, e deste xeito “recoñecer o seu valor histórico, arquitectónico, artístico e etnolóxico”.


Tal e como explicou, a declaración BIC “é o primeiro paso da folla de ruta” para este conxunto xa que, posteriormente, a Xunta vai participar na redacción do proxecto no que se definan os seus usos e, despois, o Concello poida acollerse ao 1,5% Cultural para acometer a rehabilitación do inmoble.


Pablo Castillo explica que a declaración abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral, as construcións adxectivas e os espazos vencellados a estas, o adro da igrexa e o igrexario. Tamén se inclúen os bens mobles pertencentes ao conxunto monumental. “Agradecemos á Consellería de Cultura o seu apoio para garantir que este monumento perviva ao longo do tempo e sexa un prezado legado para toda a veciñanza”.


No informe elaborado polos técnicos de Patrimonio Cultural destácase que Barcia de Mera é un dos conxuntos barrocos máis excepcionais tanto pola súa calidade artística como arquitectónica.


De xeito simultáneo ao proceso de incoación como BIC, desenvólvese o procedemento para incluílo no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia a efectos de comunicación para a súa anotación no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración do Estado.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade