Novas
Consulta e participación cidadá no anteproxecto da obra de "Acondicionamento da Praza de Maceira".
- 06/11/2019 -
Poderanse aportar ideas acerca da definición de usos alternativos dos espazos, materiais de execución, cores, ordenación de mobiliario urbano ou calquera outra que considere necesaria para a mellora da actuación.
PARTICIPACIÓN VECIÑAL NO PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DA PRAZA DE MACEIRA

O Concello de Covelo ven de redactar o anteproxecto de Acondicionamento da nova Praza de Maceira que se pretende realizar con cargo aos próximos orzamentos de obras do ano 2020.


Antes da aprobación definitiva de dito proxecto, a través da sección de Participación “Covelo falo ti” da páxina web do Concello, poderase consultar o anteproxecto de obra de Acondicionamento da Praza de Maceira de forma que calquera veciño poderá  achegar ideas a preto da definición de usos alternativos dos espazos, materiais de execución, cores, ordenación de mobiliario urbano ou calquera outra  achega que considere necesaria.

Pode participar aquí 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade