Novas
Ruta "Pedra do Lobo"
- 06/08/2017 -
Dificultade media-baixa. Saída dende a praza do Concello ás 10:00 horas e remate as 14:00h. aprox. Principia nas abas de Castro para discorrer paralelo ó río Ponte Piñeiros. No seu percorrido podemos coñecer diversos ecosistemas, coma o bosque de ribeira, as brañas, as matogueiras, os prados e os pequenos bosques. Ademais deste variado patrimonio natural, compre admirar muíños, cruceiros e petróglifos, así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza.
Este sendeiro está constituído de xeito circular e ten como principio e fin o Castro de Santiago de Covelo.
Lonxitude do trazado: 9 km e cunha dificultade: media-baixa.


Esta ruta iníciase no Castro para discorrer paralelo ao río Ponte Piñeiros. Durante o seu percorrido poderemos coñecer os diversos ecosistemas que alí se atopan, por exemplo o bosque de ribeira, as brañas, os matorrales, as pradeiras e os pequenos bosques. Tamén poderemos admirar un rico patrimonio histórico por exemplo muíños, lugar de traballo de moita xente de outrora e lugar de reunión e de cánticos mentres se moía; cruceiros, estes elementos tan significativos en Galicia, servíalles á xente para seguir o camiño e non perderse nos desvíos, así naceron as chamadas encrucilladas e petroglifos, escritura nas pedras da prehistoria. Así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza.

Ademais de contemplar este marabilloso patrimonio histórico e natural, tamén poderán admirar unha marabillosa panorámica da vila dende o monte do Castro.

Esta ruta comezará ás 10:00 horas na Praza do Concello para despois dirixirnos a O Castro, onde se reunirá o grupo, e acabariamos no mesmo lugar sobre as 14:00 horas.

Para asistir a estas rutas hai que inscribirse na páxina de facebook "Covelo Tourism" cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando ao 638 015 428 dando o nome e un teléfono de contacto.

Recoméndase levar roupa cómoda e botella de auga.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade