Novas
Ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro dos Carranos
- 09/07/2017 -
Dificultade media. Saída dende a Rectoral de Fofe ás 10:00 horas e rematando sobre as 14:00 horas. A andaina transcorre nas fragas do alto Tea onde poderán gozar dos valores medio-ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do val e da serra. Pasaremos pola espectacular ponte medieval de Fofe que cruza o río Tea, visitaremos o Serradoiro e a Aula da Natureza e do Patrimonio Etnográfico dos Carranos, un conxunto único pola súa singularidade.
 RUTA DOS CARRANOS


O que mais destaca desta ruta e o río Tea e o Serradoiro dos Carranos. 

O río Tea está catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria dentro da REDE NATURA 2000, rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea. Nace na Serra do Suído, no Concello de Covelo, e desemboca no Baixo Miño, no Concello de Salvaterra de Miño. É un dos ríos mellor conservados do sur de Galicia. Este río sostén unha das comunidades de peixes mais diversas de Galicia, debido en parte á súa accesibilidade ata os tramos altos para especies migratorias como a Anguía, a Lamprea, o Reo e o Salmón Atlántico. A combinación de augas limpas con beiras naturais e gran diversidade de plantas de ribeira crea o hábitat idóneo para moitos invertebrados, anfibios, mamíferos e aves. O bosque de ribeira, dominado pólo amieiro e o salgueiro, é mais ou menos continuo e permite o funcionamento do río como gran corredor ecolóxico que conecta á Serra do Suído co Baixo Miño.

Outro recurso destacado en Covelo que se atopa dentro desta ruta é o Serradoiro dos Carranos.  A beiras do regato de Vixiáns, no fluír ó río Tea, atópase este serradoiro, levantado en 1922 sobre os piares dun vello muíño de auga.

Está composto de catro edificacións:

-O Serradoiro

-Un sequeiro e almacén de madeira

-Unha pequena forxa onde se forxaban as ferraxes para os carros.

-Un pequeno almacén.

Tamén podemos atopar un pequeno forno onde se queimaban os residuos, os raís para o transporte da madeira ata o interior do serradoiro e as escaleiras talladas en rocha que permiten o acceso as comportas para abrir ou pechar a auga que verte a noria.

A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, de aí ben o nome de Carranos. Pertence a Don Joaquin Vales Piña, quen o herdou dos seus familiares. Ten un aula de interpretación da natureza e do patrimonio etnográfico, con paneis informativos e vídeos explicativos.

Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Covelo Tourism” cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no telefono 638 015 428. Facilitando o nome e un teléfono de contacto.

Ver tríptico da ruta aquí:
www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/carranos_espanol.pdf





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade