Novas
Ruta "Foxo do Lobo"
- 30/07/2017 -
Saída dende a praza do Concello ás 08:30 horas para dirixirnos o inicio da ruta na parraquia de A Graña. Ten unha duración aproximada de 5 horas, remataríase sobre as 14 horas. Cubrindo unha distancia total de 14 km (ida e volta). Nela poderemos ver o foxo do lobo e os chozos da Serra do Suído.
O vindeiro domingo 30 de xullo realizarase a ruta do Foxo do Lobo.

A Serra do Suído figura nas Normas Complementarias e Subsidiarias do Plan da Provincia de Pontevedra como Espazo Natural.
A súa extensión abrangue case 200km2. Forma un límite natural entre as provincias de Ourense e Pontevedra. Acolle parte dos municipios de Pontevedra como A Lama, Fornelo de Montes e Covelo; e de Ourense como Avión e Beariz. As grandes chairas e planicies fan que sexa difícil o seu límite entre provincias, por iso, xa de moi antigo, foi disputado entre os condes de Ribadavia e Soutomaior, os señores desta zona.

O animal que se pode atopar con máis extensión é o lobo por iso se crearon os “foxos” para protexer á gandería. Se construían unhas trampas onde se encerraba os lobos. Este sistema consistía en atraer ó lobo ata o lugar onde se lle ía dar caza. A súa construcción eran un par de muros que guiaban ó lobo ata un foxo, alí o capturaban ou se mataba. As cacerías se organizaban de forma comunitaria polas xentes da parroquia. A época de caza era en primavera e no verán.  Aínda se conservan moitos en perfectas condicións.

Tamén atopamos outro tipo de construcións, “os chozos”, pequena construción circular primitiva cun único espazo onde se resgardaban os pastores do mal tempo cando estaban coidando do gando. E “curralas”, son recintos pechados de pedra onde antigamente se gardaban as vacas cos seus becerros que pastaban nesta serra.

Recoméndase levar roupa e calzado de montaña e botella de auga, tamén algo de comer xa que faremos un descanso antes de volver, o terminar o treito de ida.

Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Covelo Tourism” cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no teléfono 638 015 428. Dando o nome e un teléfono de contacto.

Máis información da ruta aquí:
concellodecovelo.es/rutaFoxo/



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade