Novas
Ruta do Río Xabriña, visita ó Lagar da Cera e ó Centro de Interpretación da Cera, FAVUM.
- 16/07/2017 -
Dificultade baixa, cunha duración aproximada de 4 horas. Saída ás 09:30 horas dende o recinto das festas de Paraños, rematando no mesmo lugar sobre as 14:00 horas. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros. A entrada ó FAVUM é de 1 euro.

O río Xabriña nace na parroquia de A Lamosa, na Taberna da Canda e desembocan no río Tea, na vila de Mondariz-Balneario.

O principal punto de partida da ruta está en Paraños, pero tamén se pode comezar na Lamosa (N-120),Prado de Canda ou Corzós (na estrada da Franqueira).

A súa estrutura é circular, conformada por dous grandes aneis que teñen o seu punto de encontro na fermosa Ponte Folón. O primeiro anel, dende Paraños ata a ponte, ten como protagonista o río Xabriña, as fragas e a abondosa vexetación do bosque de ribeira. O segundo anel, pasa por Prado de Canda e A Lamosa, vainos permitir coñecer históricos camiños, unha boa arquitectura rural así como a actividade dos celeiros, xa desaparecida.

A ruta combina os valores naturais co rico patrimonio etnográfico das tres parroquias: ribeiras, fragas, muiños, vellos camiños, levadas, lavadoiros, cruces e cruceiros, eiras e lagares da cera, fontes…

Para asistir a estas rutas hai que inscribirse na páxina de facebook Covelo Tourism cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando ó teléfono 638 015 428 dando o nome e un teléfono de contacto.

Recoméndase levar roupa cómoda e botella de auga.

Tríptico da ruta aquí:

www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/ruta_xabrina.pdf


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade