Novas
Mellora da instalación de iluminación en A Lamosa
- 23/11/2021 -

O Concello de Covelo recibe unha subvención por parte da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do Plan Concellos 2021 – liña 1, para mellorar a instalación de iluminación en A Lamosa.

A actuación levada a cabo consistiu no seguinte:

- Desmonte das luminarias existentes no vial principal e instalación de novas luminarias de tipo LED 60 W 3000 K con corpo de aluminio extruido e brazo galvanizado sobre postes existentes, así como caixa portafusible e ancoraxes de suxeición.

- Retensado das liñas aéreas e aplomado de postes existentes no vial principal.

- Instalación dun novo poste de formigón 9/160 para punto de luz no vial principal.

- Instalación de novo punto de luz en chan, con foco LED 120 mm 3000 K inoxidable en zona praza, 6 W IP 65/67. 621 lúmenes. Eficiencia enerxética LED A++.

- Instalación de punto de luz central con foco encaixado led GU10 6 W a instalar en palco de música.

- Instalación de punto de luz, con proxector circular LED 130 W para iluminación da praza en columna metálica constituída por un tubo de sección circular de 7 m, chapa de aceiro ao carbono S-235 JR ou superior segundo norma UNE EN 1025. Lacado con pintura en po baseada en resina poliéster e secado mediante forno de convención forzada para polimerización de puntura.

- Instalación de proxector LED circular 90 W 3000 K para iluminación na contorna da igrexa. IP 68. Chasis principal en aluminio mecanizado e anodizado. Carcasa de aceiro inoxidable.

- Instalación de canalización eléctrica subterránea RV- K 3x6 mm2 Cu.

    



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade