Proyecto de participación
Proyecto de reforma, mejora y accesibilidad del entorno de la llamada Praza do Fadista o Palco do Fadista (Maceira).
Categoría: Participación en proxectos de obras
Descripción: Pretendese que calquera veciño achegue as súas ideas en relación ó proxecto exposto, participando na definición de usos alternativos dos espazos, materiais de execución, cores, ordenación de mobiliario urbano ou calquera outra suxestión que considere necesaria para a mellora de actuación.
Contenido: Trátase de informar e reclamar a participación das persoas que poidan estar interesadas na mellora da proposta do proxecto de reforma, mellora e accesibilidade da chamada popularmente "Praza do Fadista" ou "Palco do Fadista".
 
As actuacións propostas contemplan a combinación de materiais nobres como pedra e madeira con outros máis modernos como aceiros ou cementos puídos coloreados, a plantación de árbores, colocación de xardineiras e xogos para nenos, ocultación de colectores e a renovación do mobiliario urbano nunha concepción dos espazos máis orientada á integración, a mellora da accesibilidade  e o uso peonil de nenos e maiores.

Un vez definidos e acordados os proxectos cos veciños, o concello comprométese a incluílos nos futuros presupostos de obras e a buscar financiamento ante outras administracións para facelos realidade.

Pode consultar o proxecto proposto aquí.



Comentarios

Comenta aquí
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade