Axenda
Medidas de contención e eliminación da vespa velutina. Entrega de trampas para a captura de raiñas.
- 06/03/2018 -
A VESPA VELUTINA: MEDIDAS DE CONTENCIÓN E ELIMINACIÓN.

INFORMACIÓN:

Neste enlace pode acceder a un informe do Ministerio de Agricultura sobre as características, a propagación por España e Europa e as posibles formas de eliminación ou contención da praga: 
Estrategia de gestión, control y posible erradicación del avispón asiático o avispa negra (Vespa Velutina ssp. nigrithorax) en España.

Neste enlace pode acceder á información dispoñible na Consellería do medio Rural da Xunta de Galicia aquí.

PARTICIPACIÓN INDIVIDUAL:

Poderá obter un cartaz onde se explica de maneira esquemática como facer trampas artesanais e cando e onde colocalas aquí.

PARTICIPACIÓN COLECTIVA:

Recorde que si está disposto a constituir ou formar parte dun grupo de voluntarios para o trampeo e eliminación de niños, o Concello de Covelo aportará gratuitamente traxes de protección, velenos e os medios materias e humanos dispoñibles (escaleiras, arnés, pértega, vehículos) para a realización de ditas tarefas. A convocatoria aquí.


















<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade