Axenda
Programa de compostaxe doméstica 2017. II fase.
- 12/09/2017 -
Nesta segunda fase, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) en colaboración có Concello facilitará as persoas ou familias interesas un total de 25 composteiros, un manual de compostaxe doméstica e un pequeño curso de formación (duración de unha hora) có obxecto de procurar o maior éxito na implantación da experiencia composteira.
 Tódolos interesados en participar nesta inciativa deben residir en vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín, estar empadroados e solicitar a participación nas oficinas do Concello ata o xoves 28 de setembro de 2017. A selección dos 25 participantes que cumplan os requisitos farase por orden de solicitude, quedando os demais inscritos para a seguinte fase do programa. O venres día 29 de setembro, ás 18:30 h. impartirase o pequeño curso de formación para a correcta técnica de compostaxe e entregaránse os 25 composteiros previstos ás persoas ou familias seleccionadas.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade