Axenda Local XXI

Enquisa "O pobo que queres que sexa Covelo"


O Concello de Covelo, pon a disposición dos seus habitantes unha enquisa online co motivo de coñecer máis sobre o que os nosos veciños desexan para o seu pobo. Se desexas participar podes realizar a enquisa online ou ben descargala en formato PDF para cubrila e enviar por correo electrónico.

A implantación da Axenda 21, por un desenvolvemento sostible
(descargar acordo plenario)

O Concello de Covelo, atendendo ó concepto de DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE definido no Informe da Comisión Mundial do Ambiente e do Desenvolvemento da ONU (1988), recollendo as inquedanzas e os compromisos manifestados na Cumio da Terra (Río de Xaneiro 1992), na Carta de Aalborg (Dinamarca 1994) así como nas Conferencias de Poboacións Europeas Sustentables de Lisboa (1996) e Hannover (1999) e sabéndose a administración mais achegada ós problemas, ás persoas, e por ende a boa parte das solucións, asume a súa responsabilidade de colaborar activamente na resolución dos problemas ambientais dende o ámbito local.

Neste senso, proponse actuar desde as suas competencias na promoción dun desenvolvemento sostible entendido como “o desenvolvemento que satisfai as necesidades materiais e humanas da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfaceren as súas.”

Así, no concello de Covelo asumimos o compromiso de establecer, en tódolos ámbitos de actuación, prantexamentos e enfoques acordes cós obxectivos do desenvolvemento sostible a través dun Plan de Acción e iniciando un proceso amplo de participación cidadán para a implantación da Axenda 21, onde se integren os tres polos da sostibilidade: A sostibilidade ambiental, a sostibilidade social e a sostibilidade económica, e a sabendas que suporá unha aportación ó conxunto da sociedade e unha mellora da calidade de vida para todos os veciños.

As persoas interesadas en participar poden dirixirse ás oficinas do do Concello de 9:00 a 14:00 horas e encher o formulario da enquisa ou ben facelo na páxina web: www.covelo.es.

En Covelo, 19 de abril de 2006

O ALCALDE

Asdo. José Costa Díaz
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade